€4

Mulleres marabillosas

9 ratings
I want this!

Mulleres marabillosas

€4
9 ratings

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Achégase este día e faime moita ilusión compartirvos un material moi bonito pero sobre todo moi necesario. Que longa era a lista de candidatas para meter neste libro, e é que son miles e millóns de mulleres que, ao longo da historia foron deixándonos a súa pegada, a súa historia, para aprender, para reflexionar...

Nesta selección atópanse 10 mulleres galegas que destacaron e que merecen ser lembradas neste día. Entre elas están: Rosalía De Castro, Lucía Freitas, Emilia Pardo Bazán, Verónica Boquete, María Pita, Purificación García, Sofía Casanova, Charo Barca, Concepción Arenal e Maruja Mallo.

Con este material non só vas traballar un pequeno resumo da vida de cada unha delas, senón que se traballa a comprensión lectora, a atención e a secuenciación temporal.

O material inclúe:

  • Libro de Mujeres Marabillosas.
  • Carteis das mulleres coa súa historia por detrás.
  • Xogo de cartas para traballar as 10 mulleres galegas e os ámbitos nos que destacaron.
  • Diferentes materiais para colorear ou encher con información para a aula.
  • Póster A3 con todas as mulleres escollidas para traballar o 8 M de Mans de Ouro (inclúense tamén as do libro de castelán).
  • Documento con información e instrucións para a impresión de cada material.
    IMPORTANTE Se este material é plastificado é imprescindible recortar de maneira redondeada as puntas, xa que estas poden ser moi perigosas para os nenos! Non se permiten devolucións de ningún artigo.Son arquivos dixitais, non físicos. Dispoñible só en galego


I want this!
Copy product URL

Ratings

5
(9 ratings)
5 stars
100%
4 stars
0%
3 stars
0%
2 stars
0%
1 star
0%