Mulleres influíntes
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Achégase este día e faime moita ilusión compartirvos un material moi bonito pero sobre todo moi necesario.
Que longa era a lista de candidatas para meter neste libro, e é que son miles e millóns de mulleres que, ao longo da historia foron deixándonos a súa pegada, a súa historia, para aprender, para reflexionar...
Nesta selección atópanse 11 mulleres que destacaron e que merecen ser lembradas neste día.
Isabel Barreto, Elena Ferro, Ledicia Costas, María Fontán, María Victoria Moreno, Áurea Rodríguez, Susana Rodríguez, Ángela Ruiz Robles, Ana miguéns e Fillas de Cassandra.
Con este material non só vas traballar un pequeno resumo da vida de cada unha delas, senón que se traballa a comprensión lectora, a atención, discriminación visual... xogando e aprendendo de maneira lúdica.
O material inclúe:
- Libro de Mujeres Influíntes
- Carteis das mulleres coa súa historia por detrás
- Xogo de cartas para traballar as 10 mulleres e os ámbitos nos que destacaron
- Diferentes materiais para colorear ou encher con información para a aula
- Póster A3 con todas as mulleres escollidas para traballar o 8M de Mans de Ouro (inclúense tamén as do libro de castelán)
Os materiais están preparados para imprimir a DOBRE CARA en tamaño A4 tendo xa en conta as páxinas das pezas.
IMPORTANTE
Se este material é plastificado é imprescindible recortar de maneira redondeada as puntas, xa que estas poden ser moi perigosas para os nenos!
Non se permiten devolucións de ningún artigo. Son arquivos dixitais, non físicos.
Dispoñible en galego